Ir o contido principal

A spin off da USC 3edata participa en EE.UU. nun worksohp de expertos sobre datos aplicados á xestión de lagos e encoros

Participantes no simposio internacional ‘Un novo paradigma na investigación e xestión de lagos e encoros a través da monitorización global'
Participantes no simposio internacional ‘Un novo paradigma na investigación e xestión de lagos e encoros a través da monitorización global'
A empresa nada no Campus Terra da USC, traballa nun proxecto do primeiro Observatorio GLEON da Península Ibérica con Emalcsa e a UDC no encoro de Abegondo-Cecebre

A spin off do Campus Terra da USC 3edata, que está a traballar no encoro de Abegondo-Cecebre xunto con Emalcsa e a UDC no proxecto sobre a monitorización de calidade de auga mediante teledetección e datos remotos no primeiro Observatorio GLEON da Península Ibérica, vén de participar en Estados Unidos no simposio internacional ‘Un novo paradigma na investigación e xestión de lagos e encoros a través da monitorización global, modelización e a inclusión e o empoderamento das redes’.

Este workshop, patrocinado pola Rede Mundial de Observatorios Ecolóxicos de Lagos (GLEON), United States Geological Survey (USGS), as universidades de Minnesota e de Wisconsin e o Cary Institute for Ecosystem Studies, e no que participaron expertos en Teledetección Acuática, Ciencia de Datos, Calidad de Agua e Ecologxa Acuática, principalmente dos Estados Unidos (NASA, EPA, NOAA, USGS, Universidades e oenegués), ademais dun nutrido grupo de investigadores europeos, entre os que se figura a responsable de I+D de 3edata, Carmen Cillero, fomentou o debate sobre as observacións a gran escala das augas superficiais, a partir das nas novas capacidades de observación que ofrece a teledetección por satélite.

A crecente demanda global sobre as augas superficiais e os seus servizos é un feito que está a levar á comunidade científica a preguntarse sobre a capacidade dos nosos recursos hídricos para que poidan ser satisfeitas estas necesidades. Esta reflexión provoca tamén que as administracións traballen no deseño de novas ferramentas e estratexias para optimizar a xestión destes recursos. As novas tecnoloxías en monitorización de ecosistemas acuáticos son capaces de xerar conxuntos de datos moi amplos que permiten abordar cuestións relativas á calidade e cantidade de auga superficial a escala continental e mesmo global. Con todo, a entrega destes produtos de datos aos científicos e administradores e a habilitación do seu uso require un novo nivel de ciencia de datos que só pode lograrse mediante a colaboración entre disciplinas e organismos.

Este simposio serviu asemade para familiarizar a comunidade de investigación de lagos e encoros con estes datos e ampliar o diálogo sobre como estes novos produtos de datos ingresan nos fluxos de investigación e nas administracións. Nas diferentes sesión de traballo celebradas na cidade de Alexandría, no Estado de Virxinia, fixéronse demostracións de novas ciberinfraestruturas para acceder e interpretar os datos de teledetección por satélite e datos procedentes de bases de datos moi amplas sobre calidade da auga, así como das novas técnicas de intelixencia artificial para a interpretación e modelización de datos, que serviron de catalizador para novas colaboracións. As perspectivas da informática e as ciencias acuáticas, tanto do mundo académico como das administracións axudaron asemade a identificar oportunidades que faciliten novas colaboracións.

Cillero sinalou que estas xornadas de intenso traballo serviron para impulsar un esforzo concertado e multidisciplinario cara a investigación a escala continental en augas superficiais, co que se xerará unha mensaxe progresiva de investigación ás axencias e administración estadounidenses máis relevantes, pero coa potencialidade de ser implementado a nivel europeo.

Carmen Cillero, na súa intervención no workshop celebrado na cidade estaodunidense de Virxinia

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2018.