Ir o contido principal

A spin off da USC 3edata traballa na validación da temperatura superficial da auga de lagos con bandas térmicas de satélites

Carmen Cillero, na presentación do proxecto na Universidade de Uppsala
Carmen Cillero, na presentación do proxecto na Universidade de Uppsala
A responsable de I+D de 3edata, Carmen Cillero, presentou os primeiros avances deste proxecto no marco do XX Encontro da Rede Global de Observatorios de Lagos e Encoros

A spin off nada no campus de Lugo da USC 3edata, que está integrada na Rede Global de Observatorios de Lagos e Encoros (Gleon) como responsable do site Abegondo-Cecebre, traballa na validación da temperatura superficial da auga de lagos e encoros a través dos datos achegados por bandas térmicas de satélites como o Landsat 8, mediante a instalación de sensores remotos en lagos a nivel global, no marco dun proxecto de teledetección e ciencia cidadá.

A doutora Carmen Cillero, responsable da área de I+D de 3edata , a empresa de base tecnolóxica centrada en ofrecer solucións de enxeñaría a partir de datos ambientais que lidera esta actuacións xunto con outros investigadores pertencentes a distintos centros de referencia, tal e como o Cary Institute de Nova York ou o Csiro de Australia, vén de presentar na universidade australiana de Uppsala os primeiros avances acadados no marco da vixésima edición do Encontro da Rede Gleon. A participación da firma luguesa neste consorcio internacional é especialmente activa nos grupos de traballo Xestión de lagos e encoros, e Ciencia cidadá, no que precisamente se enmarca este proxecto, orientado a combinar a ciencia e a divulgación científica coa teledetección aplicada a ecosistemas acuáticos.

Os sensores térmicos que precisan os promotores deste proxecto de I+D para a medición en alta resolución espacial vertical da temperatura da auga desenvolveranse na fase inicial desta actuación, uns traballos que se realizarán durante o verán de 2019 en localizacións seleccionadas a nivel global, entre as que se atopa o site de Abegondo-Cecebre, e durante os que se testarán as metodoloxías a implementar a posteriori. De feito, os axentes implicados neste proxecto confían en que a inicial elaboración de dispositivos tecnolóxicos térmicos de baixo sirva de acicate para dar continuidade a un proxecto que, nunha segunda fase, aspira a ter cobertura global mediante a implicación de grupos científicos de todo o mundo.

Estadía na Universidade de Uppsala

A investigadora Carmen Cillero aproveitou a súa participación neste encontro da Rede Gleon celebrado en Australia para completar unha estadía na Universidade de Uppsala, período durante o que o visitou a Estación de Campo do Lago Erken, unha instalación incluída na Infraestrutura Sueca para a Ciencia dos Ecosistemas.

O principal cometido desta visita foi o de traballar co enxeñeiro de Investigación da referida instalación, William Colom, no establecemento de protocolos de xestión de datos de calidade de auga tomados en alta frecuencia mediante sensores acoplados a sistemas perfiladores automáticos, como o que está en funcionamento en el Embalse de Abegondo-Cecebre.

A estación de campo do Lago Erken é unha das máis antigas en funcionamento de Europa, dispón de series de datos tomadas de forma manual desde o ano 1933 e, de forma automatizada, desde 1987. Constitúe por tanto a referencia a nivel europeo en canto á toma de datos de calidade de auga con sistemas automáticos.

Durante a súa estadía Carmen Cillero realizou ademais unha presentación do proxecto financiado a través del Programa Torres Quevedo e enmarcado en la Cátedra EMALCSA, a través do que os socios participantes traballan no desenvolvemento dunha ferramenta multiplataforma de monitorización de calidade de auga en encoros baseada en teledetección e datos remotos. Este proxecto liderado está liderado por 3edata xunto coa USC e a UDC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2019.