A startup Hospiband, promovida no centro Explorer USC Santiago, finalista dos Woman Explorer Awards
Alba Sotomayor Vázquez, emprendedora e participante do programa Explorer, é unha das finalistas do premios Woman Explorer Awards, inlcuídos no programa de emprendemento xuvenil ‘Explorer- Mocidade con ideas’. Alba Sotomayor foi seleccionada para a fase final polo seu proxecto Hospiband, dirixido á comercialización de pulseiras intelixentes usadas por pacientes hospitalarios e que pretenden “axilizar, modernizar e facer máis eficiente o traballo dos profesionais sanitarios achegando tranquilidade aos pacientes e mellorando a seguridade destes mediante a xeración de documentos individualizados para cada un deles”. Esta idea de negocio xorde da experiencia da súa promotora como profesional sanitario no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e conta co apio de Ángel Sotomayor Vázquez.
As cinco finalistas dos Woman Explorer Awards, ás que optan proxectos liderados por unha muller, optan a un premio dotado con 20.000 euros e acceso ao programa de aceleración Atenea que conecta mulleres emprendedoras de alto potencial cos asesores, recursos e coñecementos que precisen. O proxecto gañador coñecerase o vindeiros mes de novembro.
O programa Explorer está xestionado pola USC a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e conta con dous centros, no edificio Emprendia en Santiago, onde xurde Hospiband, e na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. O programa conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emprego.
Nova edición de Explorer
O programa Explorer abrirá a súa convocatoria de 2019 o vindeiro mes de novembro, estando xa aberto o prazo de preinscrición na web https://explorerbyx.org/participa/. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden contactar con Patricia González, técnico da AVTE do Campus de Lugo (patricia.gonzalez [at] usc.es (patricia[dot]gonzalez[at]usc[dot]es)) ou con José Manuel Rebolo, do Campus de Santiago (josemanuel.rebolo [at] usc.es (josemanuel[dot]rebolo[at]usc[dot]es)), coordinadores do programa Explorer nos respectivos campus.