Ir o contido principal

Susana Rodríguez, estudante de Medicina, alcanza o ouro do Campionato do Mundo de Paraduatlón

Susana Rodríguez, estudante de Medicina, alcanza o ouro do Campionato do Mundo de Paraduatlón
Susana Rodríguez, estudante de Medicina, alcanza o ouro do Campionato do Mundo de Paraduatlón

Susana Rodríguez, estudante de segundo curso de Medicina, acaba de proclamarse en Xixón campioa do Mundo de Paraduatlón na categoría TRI-6, poucas semanas despois de facer co Campionato de España disputado en Vigo a mediados de setembro. A atleta adestra no Club USC de Natación e compite coas cores do Club de Triatlón Cidade de Lugo Fluvial. Na categoría TRI-6 toman partida persoas con impedimentos visuais, sendo obrigatorio que o guía sexa do mesmo sexo que o do atleta, nesta ocasión a triatleta do CN Mataró, Mayalen Noriega. No segmento de ciclismo úsase un tándem, mentres que na carreira a pé as atletas iban atadas da man. Xunto a Susana Rodríguez Gacio, completaban a delegación galega no Campionato do Mundo de Dúatlon, Uxío Abuín e Jesús Gomar (sub 23 e elite masculina), Estefanía Domínguez (elite feminina), Roberto Barral (júnior masculina), Camila e Melina Alonso (júnior feminina). O campionato do mundo contou coa participación de máis de 1.150 deportistas que representaban a 35 países

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2011.