Suso López e Andrés Goteira abren os ‘Xoves de moda’ na Casa do Saber con ‘Dhogs, a experiencia de crear un filme’

A sesión comeza ás 20.30 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo
Os Xoves de moda, unha iniciativa xurdida como complemento do ciclo Lubicán e orientada a coñecer máis de preto proxectos interesantes en outras artes, botará a andar este primeiro de marzo a súa edición de 2018 cunha sesión cinematográfica na que participarán como relatores os meiregos Andrés Goteira e Suso López.
O primeiro dos Xoves de moda programados ao abeiro do convenio Lugo cultural na súa edición de 2018 desenvolverase baixo o título ‘Dhogs, a experiencia de crear un filme’. Esta actividade desenvolverase a partir das 20.30 horas no auditorio da Casa do Saber de Lugo. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.