Ir o contido principal

O técnico de Recursos Humanos Ricardo Jover presenta este venres en ADE o plan de captación de talentos do grupo Hotusa

O técnico de Recursos Humanos e responsable de selección de persoal do grupo Hotusa, Ricardo Jover, presentará este venres, a partir das 10.30 horas na aula 4 da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, o plan de captación de talentos que aplica esta compañía empresarial radicada en Cataluña.

A decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro, será a encargada de presentar ao relator Ricardo Jover, quen tamén aproveitará a súa intervención para presenta as singularidades do grupo empresarial Hotusa a estudantes de últimos cursos do grao en Administración e Dirección de Empresas no campus lugués.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2015.