Ir o contido principal

A terceira promoción do Grao en Enxeñaría Química celebra esta tarde o acto de graduación

A vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, presidirá este venres ás 18.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ERSE) o acto de graduación da III promoción do Grao en Enxeñaría Química. Están previstas as intervencións de Cristina Fernández e Francisco Manteiga en representación do alumnado; da madriña da promoción, a profesora Ana Mª Soto; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo Costa; o subdirector da ETSE, Francisco Omil Prieto; e o director xeral de RAMSA (Grupo Ferroatlántica), Roberto Almuíña Díaz.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2015.