Ir o contido principal

O terceiro concerto do Ciclo de Novos Intérpretes porá en escena ás pianistas Sara Rodríguez e Cristina Rodríguez e ao contrabaixista Daniel López

O terceiro concerto do Ciclo de Novos Intérpretes traerá ao Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) ás pianistas Sara Rodríguez García e Cristina Rodríguez Villar e ao contrabaixista Daniel López Gimenez. A cita será o próximo luns 10 ás 20.00 horas con entrada libre. Nada en Santiago de Compostela hai 15 anos e alumna do Conservatorio Profesional de Música compostelán, Sara Rodríguez García será abrirá o concerto interpretando dúas sonatas do Padre Antonio Soler e os Valses poéticos de Enrique Granados. Na segunda parte, o contrabaixista nado en Cambre hai 18 anos Daniel López Giménez interpretará obras de dous compositores pouco difundidos e virtuosos deste instrumento, o alemán Karl Ditters von Dittersdorf (do que interpretará o seu Primeiro Concerto para Contrabaixo) e o italiano Giovanni Bottesini (Elexia nº1). Para rematar o concerto, intervirá a tamén pianista Cristina Rodríguez Villar, actualmente no grao superior do Conservatorio Superior da Coruña onde participa na produtiva aula de música contemporánea e o seu Ensemble IXOR. Cristina Rodríguez preparou para este concerto unha selección de obras de Domenico Scarlatti, Joseph Haydn, Frédéric Chopin e de Ernesto Lecuona.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2014.