Ir o contido principal

Os titulados en Psicoloxía pola USC destacan novamente na proba de acceso ao PIR

De novo un ano máis, os licenciados en Psicoloxía da USC acadaron resultados destacados na convocatoria do exame selectivo que dá acceso ao programa estatal de formación sanitaria especializada de Psicólogos Internos Residentes (PIR). Catro deles quedaron situados entre os vinte primeiros postos.

Na recente convocatoria optaban a cada praza case 23 psicólogos, a ratio máis elevada de todas as especialidades sanitarias, o que dá aínda máis relevancia aos resultados dos titulados pola USC, que só supoñen o 4 por cento de toda España. En concreto, na recente convocatoria fóronlles adxudicadas 17 prazas das 136 ofertadas, o que en termos porcentuais equivale ao 12,5 %.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2011.