Ir o contido principal

Tomás Fernández e Rubén Galdo colectan dúas medallas no Campionato de Europa de Taekwondo Poomsaes

Rubén Galdo Maira e Tomás Fernández Herrerín Rodríguez
Rubén Galdo Maira e Tomás Fernández Herrerín Rodríguez
Alumnos de Medicina e Criminoloxía, respectivamente, volven de Austria cunha medalla de ouro e outra de bronce nas súas respectivas modalidades

Tomás Fernández Herrerín Rodríguez, do grao en Medicina, e Rubén Galdo Maira, do grao en Criminoloxía, acaban de colectar dúas medallas durante a súa participación en Austria no Campionato de Europa de Taekwondo Poomsaes. Os ‘poomsaes’ o ‘pumses’ de taekwondo son combinacións de movementos, executados contra un ou varios atacantes ficticios, que representan ataques e defensas executados nunha orde concreta.

Tomás Fernández subiu ao caixón máis alto logo de acadar o ouro na modalidade ‘Técnica parella 1’. Pola súa banda, Rubén Galdo conseguiu unha medalla de bronce en Freestyle Poomsae Equipo Mixto +12. Ambos os dous participan no grupo de adestramento específico que a USC desenvolve en acordo coa Federación Galega de Taekwondo. A finalidade desta iniciativa é favorecer que o alumnado que practica unha modalidade deportiva poida seguir manténdoa e simultaneala cos seus estudos universitarios. Como explica o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, a USC traballa na definición de novos acordos coas federacións para ampliar a oferta destes núcleos específicos de adestramento e estendelos a outras modalidades deportivas.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2023.