Ir o contido principal

Tradición e vangarda danse a man na oferta formativa da USC en materia de danza

A danza tradicional será unha das modalidades ofertadas. FOTO: Santi Alvite
A danza tradicional será unha das modalidades ofertadas. FOTO: Santi Alvite
Dende este luns 8 de setembro, é posible solicitar praza nas actividades programadas nos campus de Santiago e Lugo
Lugo, Santiago de Compostela

A Área de Cultura da USC abre este luns 8 de setembro o prazo de inscrición na programación artellada en materia de danza nos campus de Santiago e Lugo. Trátase dun amplo abano de actividades que abranguen dende modalidades de danza tradicionais, ata propostas máis contemporáneas.

No Campus de Lugo, o prazo de inscrición esténdese ata o día 29 de setembro. Danza creativa, danza ioga, danza contemporánea, voz e movemento e danza tradicional galega integran a programación ofertada no campus lucense.

Pola súa parte, Compostela acollerá actividades formativas sobre danza creativa, danza ioga, danza contemporánea, danza tango, pandeireta, danza latina, danza fusión étnica e danza tradicional galega. O prazo de inscrición no Campus de Santiago finaliza o 26 de setembro.

Toda a información relativa a cada curso e o seu procedemento de inscrición pode atoparse no web da Área de Cultura da USC. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2025.