Trescentos titulados e tituladas en Medicina pola USC celebran este mércores o acto de licenciatura

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acolle este mércores 18 ás 12.00 horas o acto de licenciatura de Medicina de trescentos estudantes que este ano rematan a súa carreira en Santiago. Na cerimonia, presidida polo reitor Juan Casares, actúan como padriños os profesores Ángel Carracedo e Juan Navarro Alarcón. Intervirán tamén o decano da Facultade, Juan Gestal, e a alumna Finta Abella Otero. Acompañarán ademais aos futuros profesionais da Medicina o xerente do CHUS, Luis Verde; o presidente do Colexio Médico da Coruña, Luciano Vidán Martínez; o resto do equipo decanal; así como numerosos membros do claustro docente da USC.