Últimos días para inscribirse nas IV Xornadas ‘Recursos educativos en galego. Bacharelato’
As xornadas que a Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Educación vén organizando nos últimos anos sobre os recursos educativos en galego nos distintos niveis educativos achegarase nesta edición de 2011 ao ámbito da educación secundaria non obrigatoria, o Bacharelato. Búscase que o alumnado tome conciencia da importancia que teñen os recursos educativos na práctica docente así como coñecer de primeira man cales son os materiais didácticos en galego dos que poderán dispor no futuro. O prazo de inscrición destas IV Xornadas remata o 12 de decembro, estando recoñecidas cun crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC. Para a súa obtención, as persoas matriculadas deberán entregar unha memoria equivalente a 14 horas. A inscrición poderá formalizarse cubrindo a folla de matrícula que se atopa no enderezo http://ir.gl/matricula, xunto cunha copia do documento que acredite a vinculación coa USC. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao enderezo carmendenebola.alvarez [at] usc.es (carmendenebola[dot]alvarez[at]usc[dot]es). En dúas xornadas, os días 16 e 17 de decembro, as persoas que se inscriban nesta acción formativa poderán traballar na definición de estratexias e criterios para buscar e seleccionar recursos didácticos, ademais de recibir orientación sobre a creación de materiais educativos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia. Máis información en: http://www.usc.es/fcce/bacharelato_2011.pdf