Ir o contido principal

Últimos días para inscribirse no seminario sobre ‘Vítimas de terrorismo e Sistema Penal’

O prazo de matrícula remata o vindeiro 22 de abril

‘Vítimas do Terrorismo e Sistema Penal’ é o do título do seminario organizado polo Instituto de Criminoloxía, que terá lugar na USC os vindeiros 5 e 6 de maio. As persoas interesadas en participar neste curso dispoñen ata o vindeiro venres, 22 de abril, para formalizar a súa participación mediante correo electrónico á dirección icsec [at] usc.es (icsec[at]usc[dot]es) . O número de prazas dispoñibles e de 142, que se cubrirán por orden de inscrición. Así mesmo, os participantes que desexen presentar unha comunicación deberán enviala á mesma dirección de correo antes do mesmo 22 de abril, sendo a súa extensión máxima de 20 páxinas. O seminario, dirixido polo profesor Fernando Vázquez-Portomeñe, desenvolverase ao longo dos días 5 e 6 maio no propio Instituto de Criminoloxía. Ás xornadas está previsto que asistan, entre outros, o Fiscal Xefe da Audencia Nacional, Javier Zaragoza, que falará sobre as actuacións do seu departamento en defensa das vítimas do terrorismo; o director xeral de Apoio ás Vítimas do Terrorismo, José Manuel Rodríguez Uribes; a catedrática de Dereito Penal da Universidade de Coimbra, Anabela Miranda e Ivo Aertsen, do Instituto de Criminoloxía da Universidade de Lovaina. Os participantes que acudan ao 80 por cento das horas lectivas reciban un certificado de asistencia e os das titulacións de Ciencias Criminolóxicas, Dereito, Xornalismo e Ciencias Políticas recibirán ademais 1 crédito de libre configuración pola súa participación no seminario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2011.