Últimos días para matricularse nas xornadas sobre os recursos educativos en galego para a educación social
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza este semana as VI Xornadas ‘Os recursos educativos en galego: A educación social’, que este martes pechan o prazo de matrícula. O encontro desenvolverase os días 8 e 9 de novembro no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega. Ademais das conferencias e relatorios específicos, o programa contempla unha mesa de experiencias na que se presentarán diversas iniciativas como unidades didácticas polo Día das Letras Galegas, o proxecto O Pendello e accións editoriais. Tamén os obradoiros ‘A regueifa: recursos para a normalización lingüística ’ e ‘ Recursos TIC para a normalización lingüística na educación social’.
Xa o sábado poderase asistir aos bancos de recursos ‘En Galicia, En Galego. Boas prácticas de normalización lingüística nas accións socioeducativas’ e ‘Catálogo de materiais didácticos e recursos educativos elaborados polos concellos da provincia da Coruña ’. Rematará a sesión cunha montaxe teatral da compañía Farrapo.