Últimos días para participar no Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC
A Fundación USC acaba de convocar unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a nenos e nenas nacidas entre os anos 2011 e 2020 (ambos os dous incluídos). Este certame alcanza a súa undécima edición á que se poderán presentar candidaturas ata o 7 de decembro tendo como temática central propostas que xunten o Nadal e o deporte. O ditame do xurado farase público o 15 de decembro. As persoas interesadas poden consultar as bases completas na web da Fundación, así como descargar o formulario de participación
O premio do concurso consistirá nun vale de 100 euros para trocar por material deportivo e nunha praza no Verán CampUSC 2024, campamento urbano, deportivo e de lecer que se celebra anualmente nas instalacións deportivas do Campus Sur dende hai quince anos. A obra gañadora tamén formará parte da felicitación de Nadal da Fundación USC este ano.