Ir o contido principal

Últimos días para participar na novena edición do certame ‘A Ciencia en imaxe’

Fotografías gañadoras na edición anterior
Fotografías gañadoras na edición anterior
Esta convocatoria está aberta á comunidade universitaria da USC así como á dos centros de Ensino Medio de Galicia nos que se impartan ESO e Bacharelato
Lugo, Santiago de Compostela

As facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química e a Real Academia Galega de Ciencias, con motivo da celebración da festividade de San Alberte Magno, organizan a IX edición do concurso ‘A Ciencia en imaxe’. O certame conta con dúas categorías, fotografía e vídeo divulgativo, sempre que o contido estea relacionado coas Ciencias, como por exemplo, os seus conceptos fundamentais, científicos/as, fenomenoloxía, aplicacións tecnolóxicas, ou temas de investigación, entre outros.

Esta convocatoria está aberta á comunidade universitaria da USC así como á dos centros de Ensino Medio de Galicia nos que se impartan ESO e Bacharelato. A autoría das fotografías debe ser individual mentres que a dos vídeos pode ser individual ou grupal, de acordo cos requirimentos que se establecen nas bases da convocatoria.

En fotografía, o primeiro premio ascende a 200 euros, mentres que o segundo é de 100 euros. 250 e 125 euros son, respectivamente, as dotacións do primeiro e segundo premio na modalidade de vídeo. O prazo para inscribirse permanece aberto ata o día 6 de novembro.

O rexistro é de balde e terá lugar no momento no que a/o concursante envíe o formulario de inscrición e o arquivo coa súa fotografía/vídeo divulgativo á dirección de correo electrónico fisica.acienciaenimaxe [at] usc.es (fisica[dot]acienciaenimaxe[at]usc[dot]es) No asunto indicarase ‘A Ciencia en Imaxe: fotografía’ ou ‘A Ciencia en Imaxe: vídeo’ dependendo da categoría na que se queira participar. As bases completas da convocatoria poden consultarse nesta ligazón.

Cartel do certame
Cartel do certame
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2022.