Últimos días para presentar comunicacións ao IV encontro ‘Entre Clío e Euterpe: Arte e Poder’
A asociación universitaria Entre Clío y Euterpe: Arte y Poder mantén aberto ata o 31 de xaneiro o prazo para enviar artigos ao quinto encontro de novos investigadores que terá lugar os días 22 e 23 de marzo na Facultade de Xeografía e Historia.
O encontro propón puntos de encontro entre distintos ámbitos, facilitando una confluencia interdisciplinar de novos investigadores de campos tan diversos como a historia, a arte, as ciencias políticas e/ou sociais, a música ou os audiovisuais.
Na edición deste ano participarán membros de universidades estatais e internacionais arroupados polas leccións maxistrais de dous profesores de arte da USC, Jose Carlos Bermejo Barrera e Rocío Sánchez Ameijeiras, así como de musicoloxía da Universidade de Salamanca, Matilde Olarte Martínez e María Jesús Pena Castro.