Últimos días para presentar traballos ao III Encontro da Mocidade Investigadora da USC
O congreso visibilizará de novo o esforzo científico do persoal investigador da USC
O esforzo científico do persoal investigador novo da USC porase en valor os vindeiros días 23 e 24 de marzo no terceiro Encontro da Mocidade Investigadora (EDI-USC) que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Comunicación. O prazo para que os doutorandos e doutorandas da USC presenten traballos relacionados coa súa tese doutoral remata este xoves. Este formato de traballo dará visibilidade á actividade investigadora que se realiza na institución académica compostelá no marco dos programas de doutoramento ao tempo que serve de punto de encontro para compartir experiencias de boas prácticas no desenvolvemento da actividade investigadora e promove o exercicio da crítica científica.