Ir o contido principal

Últimos días para solicitar as bolsas Santander CRUE-CEPYME

Ata o 31 de xaneiro permanece aberto o prazo para solicitar as bolsas Santander CRUE-CEPYME do presente curso. Esta é unha convocatoria orientada a complementar a formación dos estudantes, achegándolles a realidade do ámbito profesional, ampliando os coñecementos e favorecendo o seu contacto con empresas que poderán facilitarlles a súa posterior inserción laboral. Estas bolsas teñen unha dotación económica de 300 euros para tres meses e unha carga horaria de media xornada equivalentes a catro horas diarias en quendas de mañá ou tarde.

Poderá optar a este programa o alumnado universitario matriculado en calquera titulación, xa sexa grao ou máster; quen teñan superado créditos suficientes do correspondente título universitario para poder acceder a prácticas; quen non manteña relación contractual de tipo laboral, de prestación de servizos ou similar con empresa, institución ou entidade; e quen non haxa participado como alumno receptor de bolsa ou axuda en anteriores convocatorias deste programa. Ademais, contémplase a posibilidade de que as prácticas estean relacionadas co desenvolvemento do Traballo Fin de Grao ou Fin de Máster da persoa interesada, situación na que o acordo de prácticas deberá recoller o tema do proxecto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.01.2018.