Últimos días para solicitar praza no Taller Internacional de Análise do Discurso de Santiago de Compostela
A sexta edición do Taller Internacional de Análise do Discurso de Santiago de Compostela (IWoDA'22), desenvolverase os días 7 e 8 de xullo na Facultade de Filoloxía da USC, tanto no Salón de Actos deste centro, como a través de Teams. A asistencia é de balde pero debe formalizarse inscrición previa a través desta ligazón. O prazo pecha este xoves 30 de xuño.
Nesta edición, o taller céntrase na temática ‘Tecnoloxías dixitais e gaming: implicacións e aplicacións para o uso, ensino e aprendizaxe da linguaxe’, contando coa participación de investigadoras e investigadores nas liñas temáticas ‘Políticas educativas, internacionalización, sustentabilidade e sociedade’, ‘Contornas dixitais e alfabetizacións: deseño, test e avaliación’, e ‘Gaming e videoxogos: tendencias e retos.’
O alumnado da USC debe formalizar a súa matrícula a través da Secretaría Virtual pois o evento ten recoñecido 1 ECTS. As persoas matriculadas recibirán un certificado de asistencia.