Ir o contido principal

Unelibros estrea o seu novo formato dixital

Imaxe do novo blog
Imaxe do novo blog
Baixo a dirección do Servizo de Publicacións da USC o boletín da UNE acometeu unha remodelación do deseño, estrutura temática ou do seu soporte tecnolóxico

Baixo a coordinación do director do Servizo de Publicación da USC, Juan Blanco, o boletín semestral da UNE, Unelibros, estrea o seu novo formato dixital baixo a denominación Unelibros Blog. Este novo boletín leva parello unha remodelación do deseño, estrutura temática, soporte tecnolóxico e a busca de contidos, entre outras cuestións.

Como explica o seu director Juan Blanco, “trátase dun medio aberto, interactivo e cooperativo que invita á participación de toda a comunidade universitaria”. O número inaugural incorpora na sección sección 'Un libro, una historia' a obra La narrativa de Delibes, publicado no selo USC Editora, do profesor da USC Alfonso Rey. A revista ofrece, ademais, a subscrición á Newsletter do Blog.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2023.