Ir o contido principal

A Unidade de Análise Elemental da RIAIDT organiza unha nova edición do ‘Exercicio de Intercomparación de Análise Elemental Orgánica’

Na súa décimo quinta edición este encontro chega á USC onde estes días diversos laboratorios de toda España traballan sobre casos prácticos para a súa posterior discusión conxunta

A Unidade de Análise Elemental da RIAIDT da USC organiza a reunión do 15º Exercicio de Intercomparación de Análise Elemental Orgánico, unha iniciativa que se celebra este xoves e venres coa participación de diferentes organismos de toda España relacionadas coa investigación, o control de calidade, alimentación ou enerxía, entre outros. Nestas dúas xornadas, os laboratorios participantes traballan sobre supostos prácticos en base a mostras propostas pola organización de tipoloxía, matriz e características diferentes co obxecto de que a través da súa caracterización se poida avaliar a competencia técnica e a calidade analítica dos laboratorios participantes. A iniciativa fixa un punto de encontro e control de calidade externo para os participantes e os seus laboratorios, axudando a un intercambio de coñecementos, á resolución de dúbidas e aspectos técnicos, achegando actividades de formación relacionadas co ámbito da Análise Elemental Orgánico. Coa colaboración do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, a xornada celébrase no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía , onde este venres 8 se presentarán os resultados acadados polos distintos laboratorios para a súa discusión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2012.