Ir o contido principal

A Unidade de Atención Temperá da USC pon en marcha un novo servizo gratuíto para axudar a resolver situacións de conflito cos fillos e fillas

A Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago pon en marcha durante este curso un novo servizo gratuíto para axudar a pais e nais a resolver conflitos cos seus fillos e fillas no que se fomentará o debate e o intercambio de ideas a través de diferentes sesións prácticas. O novo programa, denominado 'Choiva de ideas. Achega solucións avanzando cara adiante' afondará nas técnicas adecuadas e que serven tanto para resolver situacións conflitivas xa existentes no entorno familiar como para prever outras no futuro. As persoas participantes recibirán a orientación adecuada para resolver cada situación da man do equipo de profesionais da Unidade -dirixida pola profesora María José Buceta-, composto por profesionais da psicoloxía clínica e evolutiva, logopedas, psicopedagogos/as, especialistas en terapia familiar e terapeutas de xogo e, neste caso, tamén con xuristas. A actividade, con prazas limitadas, botará a andar o vindeiro mes de novembro e desenvolverase mensualmente (un xoves ao mes en horario de tarde) ata marzo. As inscricións pódense realizar enviando un correo electrónico a mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2013.