Ir o contido principal

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve novos programas para deixar de fumar

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve novos programas para deixar de fumar

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC abre un ano máis as súas portas a aquelas persoas interesadas en participar nos distintos tratamentos para deixar de fumar. Na actualidade, a Unidade ofrece tres posibilidades para as persoas que demandan axuda: o programa para fumadores/as; o dirixido a mulleres ás que lle preocupa o aumento de peso ao abandonar o hábito; e os programas para o control e tratamentos de distintas adicións (cannabis, abuso de novas tecnoloxías, ...). Dende a Unidade que coordina o profesor Elisardo Becoña, lembran que fumar segue sendo a principal causa de mortalidade evitable e engaden que as persoas que conseguen deixar este hábito melloran moito a súa calidade de vida dende o punto de vista da saúde e tamén no plano económico. Ademais, setembro soe ser un bo momento para deixar de fumar por coincidir co reinicio da actividade logo das vacacións e co comezo do novo curso escolar.

As persoas interesadas nos tratamentos deste servizo universitario poden dirixirse aos teléfonos 881.813.939 ou 881.813.861 ou contactar nos correos electrónicos elisardo.becona [at] usc.es (elisardo[dot]becona[at]usc[dot]es) ou ana.lopez [at] usc.es (ana[dot]lopez[at]usc[dot]es), así como a través da páxina web do servizo http://www.usc.es/gl/servizos/tabaquismo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2023.