A Unidade de Trastornos Depresivos da USC organiza talleres para o control do estres e a ansiedade
Ao longo de catro sesións entre a última semana de xuño e a primeira de xullo, a Unidade de Trastornos Depresivos da USC organiza unha nova quenda de talleres de control do estres e a ansiedade logo da destacada acollida de edicións anteriores. As persoas que se inscriban, proceso que xa se pode formalizar, aprenderán distintos procedementos de respiración e relaxación para enfrontarse ao estres da vida cotiá, unha experiencia habitual asociada aos cambios constantes que impón a sociedade actual e que esixe un esforzo permanente de adaptación.
En horario de mañá e tarde, os talleres estás abertos a toda persoa interesada en lograr un mellor manexo do estres. Para matricularse se remitirá o boletín de inscrición a
vanessa.blanco [at] usc.es (vanessa[dot]blanco[at]usc[dot]es)
ou no seu defecto un correo electrónico indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, correo electrónico, teléfono, enderezo e horarios preferentes para acudir a esta actividade. Unha vez recibidas as solicitudes a organización porase en contacto confirmando a subscrición e indicando a forma de pagamento. A selección farase respectando a orde de inscrición.
Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a vanessa.blanco [at] usc.es (vanessa[dot]blanco[at]usc[dot]es), fernandolino.vazquez [at] usc.es (fernandolino[dot]vazquez[at]usc[dot]es) ou a través do teléfono 881.813.705.