Ir o contido principal

Uniemprende organiza un taller sobre creatividade aplicada á empresa

Aplicada no deseño e innovación dos produtos ou na pericia demostrada á hora de ofertar valores engadidos, a creatividade é unha vantaxe creativa que as empresas deben ter presentes nas súas estratexias. Co gallo de mostrar as súas posibilidades, Uniemprende organiza o taller ‘Creatividade aplicada á empresa’.
Trátase dunha iniciativa formativa dirixida a emprendedores que desexen coñecer técnicas de creatividade, directores e xerentes, responsables de márketing e comerciais, profesionais da empresa que precisen desenvolver tarefas creativas e xerar unha alta diferenciación fronte aos seus competidores ou a calquera outra persoa interesada na materia.
Este taller celebrarase os días 29 e 30 de abril na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega cunha carga lectiva de 16 horas e impartida por Jorge Rial Reboredo, analista en márketing de servizos e director de “Visiona Consultores” así como coach empresarial para directivos e equipos de traballo. O prazo de preinscrición remata o 22 deste mesmo mes. As persoas interesadas poden acadar máis información en http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/Informacion_creatividad-1.pdf.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2009.