Ir o contido principal

Uninova clausura as xornadas sobre novas tecnoloxías na xestión financeira

A segunda e última das xornadas que UNINOVA, a incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, organiza para analizar a incidencia das novas tecnoloxías na xestión económico financeira da empresa rematan este xoves 14 na Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
Estas xornadas teñen como obxectivo transmitirlle aos empresarios as posibilidades que as TIC poden ofrecer en áreas como a xestión de tesourería, o balance, a conta de perdas e ganancias, a negociación bancaria, ou os ratios económicos e financeiros. As empresas participantes pertencen aos sectores da acuicultura, enerxías renovables, xestión integral do patrimonio cultural, artes gráficas, consultoría TIC, servizos, e enerxía solar, entre outros.
Esta iniciativa está organizada dentro do Proxecto Europeo TRANSTIC (Programa Transfronteirizo para la Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC), que á súa vez forma parte da iniciativa Europea Interreg III-A. Os principias obxectivos do proxecto son os de promover a utilización das novas tecnoloxías nas PEMES galegas, así como impulsar a creación de empresas TIC e a cooperación transnacional no sector.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2007.