Unitenda celebra con descontos o seu oitavo aniversario
Unitenda celebra durante esta semana e ata o sábado 24 o seu oitavo aniversario ofrecendo un desconto dun 25% nas compras que se realicen na tenda da Praza das Praterías. Os universitarios que o desexen poderán ademais efectuar as súas reservas a través do teléfono 981 555 268.
Desta promoción quedan excluídas as compras de libros e publicacións e as de equipos informáticos.