Ir o contido principal

A Universidade celebra este mércores na Politécnica os 25 anos da implantación da Enxeñaría Agronómica

O reitor Juan Casares presidirá este acto académico no día da festa de San Cidre e no marco do que se entregarán os Premios Fin de Carreira e as insignias a novos titulados

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará este mércores 15 de maio, a partir das 11.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, o acto académico conmemorativo do 25 aniversario da implantación da titulación de Enxeñaría Agronómica.

O reitor Juan Casares presidirá esta celebración, coincidente coa festividade de San Cidre, patrón da Politécnica, e no marco da que se procederá á entrega dos Premios de Fin de Carreira e das insignias aos novos titulados. O enxeñeiro agrónomo do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, dependente da Consellería de Medio Rural, Jesús Collar Urquijo, ofrecerá nesta sesión un relatorio baixo o título ‘Sanidade vexetal e seguridade alimentaria’. O acto conmemorativo do 25 aniversario da implantación da titulación de Enxeñaría Agronómica da USC rematará coas intervencións do decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Víctor Tello Calvo, e do director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema. Ao seu remate procederase á entrega dos Premios Fin de Carreira do ano 2013, así como das insignias aos novos titulados.

O reitor Juan Casares será o encargado de clausurar esta cerimonia académica, na que, entre outros, tamén estarán presentes, o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco; a directora xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa Alonso, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e o vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2013.