Pesar na Universidade polo falecemento de Feliciano Barrera
A Universidade de Santiago de Compostela, na persoa do seu reitor Juan Casares Long, manifesta o seu pesar polo falecemento de Feliciano Barrera Fernández, editor de honra do Grupo Correo Gallego, que foi presidente do Padroado da Universidade de Santiago e Insignia de Ouro da institución.
O reitor lembra a súa figura de empresario emprendedor incansable á vez que benefactor e mecenas de multitude de proxectos de carácter educativo, social e cultural. A súa marcha “deixa un importante baleiro no ámbito empresarial galego e en concreto no panorama dos medios de comunicación do país”, lamenta Juan Casares.