Ir o contido principal

Pesar na Universidade polo falecemento da profesora Socorro Ortega

A Universidade de Santiago manifesta o seu pesar polo falecemento de María del Socorro Ortega Romero, profesora xubilada de Historia da Arte e que na actualidade presidía a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC. O funeral terá lugar na tarde deste luns ás 19 horas na igrexa de San Francisco. A profesora Ortega, que era ademais membro da Real Academia Galega de Belas Artes, dedicou a súa carreira docente e investigadora á arte compostelá e máis concretamente ao barroco e aspectos urbanísticos da cidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2011.