Ir o contido principal

A Universidade impartirá en Guitiriz un curso sobre a xestión de augas residuais no rural

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago celebrará no concello de Guitiriz o curso de verán ‘Xestión das augas residuais no ámbito rural’, no que se falará do panorama actual da depuración de auga en pequenos núcleos galegos e das alternativas e tratamentos existentes.
Dirixido polos profesores Tomás Cuesta e Joaquín Suárez, o curso de 20 horas, que se celebrará entre o 13 e o 15 de xullo, centrarase na importancia dunha correcta xestión dos recursos naturais.
Ao longo destas sesións abordarase o número de alternativas tecnolóxicas que existen para o tratamento destas augas no ámbito rural ou en pequenos núcleos que, fronte aos sistemas convencionais de depuración adoptados en poboacións de maior entidade, é moi superior.
Farase ademais fincapé sobre a organización da poboación no territorio galego, un dos condicionantes fundamentais para unha correcta xestión en zonas onde case o 90 por cento das entidades de poboación habitadas en Galicia teñen menos de 100 habitantes e un 17 por cento da poboación distribúese en diseminado.
A taxa xeral de matrícula para este curso é de 70 euros. Existe un prezo reducido para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición tanto a través de internet como por vía presencial (ata o 3 de xullo), xa está aberto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2009.