A Universidade participa na VII Mostra Teatro Cidade de Lugo con dúas representacións en abril
A ‘VII Mostra de Teatro Cidade de Lugo’ que se desenvolverá ata xuño contará coa representación de varias obras das compañías universitarias da USC.
A Compañía de Teatro USC-Lugo, dirixida por Xulio Lago, porá en escena un texto de Carol López, ‘Susie’, o día 14, e o grupo de Títeres presentará ‘A culpa foi de Mozart’, dirixida por Marcelino de Santiago, o día 18.
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, destacou durante o acto de presentación da mostra a alta calidade do teatro universitario e agradeceu ao Concello a confianza que deposita na USC, que participa neste evento desde a súa segunda edición.