Ir o contido principal

Pesar na Universidade de Santiago polo falecemento de Luis Suárez-Llanos

A Universidade de Santiago quere manifestar o seu pesar polo falecemento do profesor xubilado Luís Suárez-Llanos e unirse á dor da súa familia e amizades.

Licenciado en Dereito pola Universidade compostelá, incorporouse á Facultade de Ciencias Económicas na que exerceu como decano entre 1969 e 1971 e 1974 e 1980. Suárez-Llanos foi ademais un dos académicos fundadores da Real Academia Galega de Ciencias e presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2016.