Ir o contido principal

A Universidade de Santiago inviste doutor honoris causa a Juan Manuel Escudero Muñoz

A Universidade de Santiago de Compostela investirá doutor honoris causa ao catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Murcia, Juan Manuel Escudero Muñoz, nunha cerimonia que estará presidida polo reitor Juan Casares Long e que terá lugar este venres 4 ás 12.30 horas no Salón Nobre do Pazo de Fonseca. Intervirá como padriño o tamén profesor de Didáctica e Organización Escolar José Felipe Trillo.

Curriculum
O profesor Escudero Muñoz naceu en Campillo de la Deleitosa (Cáceres, 1947) e estudou Pedagoxía e Psicoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca. Exerceu como profesor nas universidades de Valencia, Murcia e na propia USC. É autor de numerosos estudos sobre as reformas escolares, o profesorado e o desenvolvemento dos centros como comunidades profesionais de aprendizaxe, a inclusión e exclusión educativa, o asesoramento pedagóxico e a avaliación do alumnado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2014.