Ir o contido principal

A Universidade de Santiago volve acaparar os premios galegos de fin de carreira do curso 2011-2012

A Universidade de Santiago volve acaparar os premios galegos de fin de carreira do curso 2011-2012
A Universidade de Santiago volve acaparar os premios galegos de fin de carreira do curso 2011-2012
Dos 69 concedidos, 35 pertencen á Universidade de Santiago, 21 á da Coruña e os 13 restantes á de Vigo

A Universidade de Santiago volve destacar, como cada ano, nos premios que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en recoñecemento á excelencia académica do estudantado universitario galego. Así, na edición correspondente ao curso 2011-2012, dos 69 concedidos, 35 pertencen á Universidade de Santiago, 21 á da Coruña e os 13 restantes á de Vigo. Da institución compostelá os premios correspondéronlle a titulados e tituladas en Relacións laborais e recursos humanos, Ciencia política e da administración, Xornalismo, Comunicación audiovisual, Traballo social, Farmacia, Filosofía, Física, Historia, Historia da arte, Matemáticas, Medicina, Odontoloxía, Psicoloxía, Química, Veterinaria, Xeografía, Enxeñaría de Montes, Enxeñaría Química, Enxeñaría técnica agrícola especialidade en Industrias agrarias e alimentarias, Enxeñaría técnica forestal especialidade en Explotacións forestais, Enxeñaría técnica de obras públicas especialidade en Transportes e servizos urbanos, Enxeñaría técnica en topografía, Enxeñaría técnica industrial especialidade en Química industrial, todas as especialidades dos mestrados (Educación física, Infantil, Musical, Primaria e Lingua estranxeira) e as filoloxías Clásica, Galega, Hispánica, Inglesa, Portuguesa e Románica. 955 persoas beneficiadas Para beneficiarse destes recoñecementos debía contarse cunha puntuación media no expediente igual ou superior a 8,50 puntos no caso das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e de 7,50 para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Atendendo ao tipo de titulación, os premios distribuíronse entre 7 graduados, 5 mestres, 4 diplomados, 31 licenciados, 7 enxeñeiros, 13 enxeñeiros técnicos, 1 arquitecto e 1 arquitecto técnico. Desde a primeira convocatoria no curso 1990-91, en que 17 estudantes recibiron os premios, ata esta última convocatoria resolta obtiveron este recoñecemento un total de 955 persoas.

Ligazóns relacionados:

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2013.