A Universidade de Verán analiza a contribución das persoas maiores no curso ‘Lonxevidade e benestar dende unha perspectiva de xénero’
‘Lonxevidade e benestar dende unha perspectiva de xénero’ é un curso de verán que tentará propiciar unha reflexión colectivo respecto da contribución das persoas maiores na sociedade actual. Celebrarase entre os días 6 e 9 de setembro no Centro de Estudos Avanzados da USC (CEA), organizado pola profesora Mª Xosé Rodríguez Galdo e conta co cofinanciamento do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. O programa comezará cunha avaliación do que a vellez representa na sociedade actual en termos de administración política, poboacional e dende o punto de vista económico. Tamén haberá tempo para aproximacións dende o punto de vista da estatística e psicolóxico así como do coidado ás persoas maiores, sen esquecer a figura do voluntariado como unha oportunidade para exercer unha lonxevidade activa, entre outros asuntos. As persoas interesadas en ampliar a información relativa ao programa deste curso así como ao proceso de matrícula poden visitar a web http://www.usc.es/cultura/uveran13_11.htm.