A Universidade e a xunta de Galicia acadan un acordo sobre o uso dos espazos de Maxisterio de Lugo
A Universidade e a Xunta de Galicia acadaron un acordo sobre o uso dos espazos de Maxisterio, propiedade da USC, tal como explicaron hoxe o vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón e a delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Árias, respectivamente, á Xunta de Escola de Maxisterio e aos representantes da ANPA do CEIP Anexa.
Segundo o acordo, nunha primeira fase e de cara ao vindeiro curso 2011-12, procederase a unha redistribución de espazos neste entorno de titularidade da USC, sen que ningún dos dous centros se vexa prexudicado. Así, neste primeiro momento, os alumnos do CEIP Anexa pasarán a compartir as dependencias do polideportivo cuxo uso correspondía antes a Maxisterio, empregando a nova facultade e, á súa vez, a sala do ximnasio, no que se asentarán as novas aulas de plástica .
Nunha segunda fase, e xa conforme ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo, levarase a cabo a construción dun edificio na zona que ocupa o citado polideportivo empregado por Maxisterio e que será utilizado polos alumnos e persoal do CEIP Anexa. A Xunta de Galicia comprometese a que este edificio, con planta baixa e dúas plantas altas, estea rematado no ano 2013. Daquela a USC recuperará parte do edificio actualmente utiliza a Anexa.
Segundo o acordo presentado hoxe, a Xunta comprometese a ceder o uso das instalacións do pavillón deportivo do antigo Politécnico para seren usadas pola USC para a docencia das materias de Educación Física e as actividades deportivas programadas pola nova Facultade.