As seis universidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participarán no Trofeo Interuniversitario en barcos K4

As augas do río Miño, na eurocidade Valença-Tui, serán o escenario o día 1 de outubro da segunda edición do Trofeo Interuniversitario Eurorrexional en Barcos K4 que organizan a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui. Participarán equipos das seis universidades que conforman a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (A Coruña, Santiago, Vigo, Minho, Porto e Trás-os-Montes e Alto Douro), nunha actividade que se deseñou a modo de iniciativa que funcione como unha nova ponte nas relacións entre as comunidades universitarias de ambos lados do río Miño. En modalidade masculina e feminina, os equipos competirán en barcos k4 en tres carreiras das que sairán as universidades vencedoras. A competición disputarase a partir das 12:00 horas á altura do Centro Interfederado de Remo (http://www.twimbio.com/centro/centro_id=16978). Será un acontecemento aberto ao público que discorrerá paralelo a diversas celebracións e actividades lúdico-culturais contando coa actuación de tunas universitarias, grupos de rock, danza e teatro nos centros históricos de Valença do Minho e Tui. O evento coincide este ano coa Festa do Bacalhau de Valença polo que a gastronomía se unirá a esta festa deportiva e cultural interuniversitaria.
Co seu deseño, os promotores pretende afianzar os lazos e fomentar a cooperación entre universidades, así como promover a práctica regular da actividade física en toda a poboación, como vía para a promoción da saúde e a socialización. As persoas interesadas poden acceder a imaxes e vídeos da primeira edición da competición na web http://fceer.org/regata/galeria/index.php?lg=gal.
Cartel da edición deste año