Ir o contido principal

Os propios universitarios divulgan entre os seus compañeiros a oferta deportiva e cultural da USC

Os universitarios que participan nalgunha das actividades que organiza a Vicerreitoría de Cultura da USC están a sorprender esta semana aos seus compañeiros coa entrega, á entrada dos centros, de cartelaría coa oferta cultural e deportiva.
Son os propios usuarios, coñecedores de primeira man dos servizos e accións culturais e deportivas da USC, os que ademais explican e solucionan as dúbidas que lle xurde a calquera persoa interesada que se achega a estes voluntarios.
Esta comitiva ‘improvisada’ leva dende o luns con esta actividade divulgativa, que este mércores pasará a desenvolverse no Campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2007.