Ir o contido principal

Universos en orden, nova achega do Grupo Iacobus

De esquerda a dereita, Henrique Alvarellos, Rosa María Cacheda, Roberto López, Francisco Durán, Carla Fernández e José Manuel García Iglesias (Foto: SERVIMAV-USC)
De esquerda a dereita, Henrique Alvarellos, Rosa María Cacheda, Roberto López, Francisco Durán, Carla Fernández e José Manuel García Iglesias (Foto: SERVIMAV-USC)

O grupo de investigación Iacobus da USC presentou este xoves a súa nova publicación, Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano, que reúne as máis recentes achegas de 54 historiadores da arte arredor dun amplo campo de investigación e traballo que se estende, dende Galicia, por toda Iberoamérica.

Na obra, dous volumes cun total de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor, son numerosos os traballos relacionados con monumentos galegos, que abordan aspectos singulares do mosteiro de San Paio de Antealtares, a escaleira do Colexio dos Irlandeses, a iconografía da Igrexa de Conxo ou a historia do Franciscanismo en Compostela. A catedral de Tui, a igrexa da Compañía de Monforte de Lemos, o mosteiro de Santa María de Oia, a ex igrexa de San Francisco de Lugo ou as ruínas de Santo Domingo en Pontevedra son outros emprazamentos que tamén se analizan.

Do exterior proceden estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos dos xesuítas en Lima, a presenza dos Jerónimos en Europa e América, a arquitectura xesuítica portuguesa durante a Contrarreforma e a arquitectura española cisterciense a través da prensa artística, entre outros moitos.

Co editada pola USC e Alvarellos Editora, presentaron a publicación na Facultade de Xeografía e Historia o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López; o director da obra, o catedrático José Manuel García Iglesias; a co coordinadora do volume xunto con Rosa María Cacheda Barreiro, Carla Fernández Martínez; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa; e o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos Casas.

A presentación tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia (Foto: SERVIMAV-USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.03.2017.