Ir o contido principal

A USC acollerá un foro no que científicos industriais e investigadores matemáticos traballan na solución de problemas reais

O 122 European Study Group with Industry (ESGI ) terá lugar do 19 ao 23 de setembro

Iniciados en Oxford en 1968, os European Study Group with Industry (ESGI) constitúen un foro para traballar de maneira conxunta científicos industriais e investigadores matemáticos sobre problemas de interese para a industria. Trátase dun método internacionalmente recoñecido de transferencia de tecnoloxía e coñecementos entre as matemáticas e a industria.

Nesta ocasión, o ESGI que terá lugar na Facultade compostelá de Matemáticas organizado de forma conxunta entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática-Industria (math-in) reunirá especialistas das ramas de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa. A asistencia é gratuíta, pero é necesario rexistrarse antes do 15 de setembro.

Os foros buscan atopar solucións e ideas sobre os problemas industriais existentes; establecer relacións de traballo produtivas entre os matemáticos de investigación aplicada e a industria; formular novas liñas de investigación baseadas en retos empresariais; e estimular unha maior conciencia na comunidade do poder das matemáticas na prestación de vías de solución aos problemas do mundo real.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.09.2016.