A USC amplía o prazo de admisión e matrícula nos programas de doutoramento
A Universidade de Santiago decidiu ampliar os prazos de admisión e matrícula nos seus programas de doutoramento para este curso 2013-2014 toda vez que houbo alumnado que por diversas razóns –entre elas, a posta en marcha dunha nova aplicación informática– non puido realizar o proceso a través da secretaría virtual. Deste xeito, amplíase ata o luns 23 de setembro o prazo para entregar as solicitudes de admisión. As listas provisorias coñeceranse o 26 de setembro e as definitivas o 7 de outubro. Xa a matrícula deberá formalizarse do 8 ao 18 de outubro.