Ir o contido principal

A USC e Aresa presentan o luns unhas renovadas bases para a XIV edición do Premio de Desenvolvemento Rural

O vicerreitor Pedro García Herradón e Álvaro Rodríguez Eiras darán conta das novidades desta nova edición do certame

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e o presidente do grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, presentarán este luns, día 30 de setembro, as bases polas que se rexerá a décimo cuarta edición do premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

O acto de presentación terá lugar na sala de prensa da Vicerreitoría de Lugo, ás 11:00 horas, e abre tamén o prazo de presentación de candidaturas. Os organizadores do premio darán conta nesta sesión dos profundos cambios que terán as bases do premio, que irán dirixidas principalmente a empresas innovadoras. O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural é un dos galardóns máis prestixiosos que se entregan en Galicia pola súa contía, tradición e relevancia. Creado co obxectivo de favorecer e mellorar o benestar das persoas que viven no medio rural, esta décimo cuarta edición mantén ese obxectivo final pero adapta as bases á conxuntura económica actual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2013.