A USC asina un convenio para empregar como sede do IBADER o edificio 'A Granxa'
A Universidade de Santiago de Compostela asinará este xoves, día 28, un convenio de colaboración coasConsellarías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e de Medio Rural e coa Deputación Provincial de Lugo, pola que esta última cede o edificio ‘A Granxa’ para o seu emprego como sede do Instituto Mixto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). No acordo contémplase ademáis a rehabilitación e acondicionamento das devanditas instalacións.
Ao acto, que terá lugar ás 18:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, asistirán o reitor da USC, Senén Barro; o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez Fernández; o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal; e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro Pardo.