A USC asina un convenio coa ONCE e a CRTVG para garantir as prácticas en empresas do alumnado de Ciencias da Comunicación
Para garantir o desenvolvemento das prácticas en empresas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación afiliado á Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), a Universidade de Santiago asinará este mércores, día 12, un convenio de colaboración coa propia Organización e a CRTVG.
No acto, que terá lugar ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, asinarán o reitor Senén Barro; o director da CRTVG, Benigno Sánchez; e a presidenta do Consello Territorial da ONCE, María Dolores Venancio.