Ir o contido principal

A USC asina un convenio coa Secretaría Xeral de Relacións Exteriores para dar continuidade ao doutoramento en Economía na Universidade de La Habana

A USC, a través do seu Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), e a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores continuarán colaborando coa Universidade da Habana na execución do programa de doutoramento en economía que permitirá culminar un ciclo de formación posgraduada iniciado en 2005.
A tal fin, o reitor da USC, Senén Barro, e o secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio César Félix Fernández, asinarán este mércores, día 3, ás 12:00 horas no Salón reitoral do Colexio de San Xerome, o convenio que regula esta colaboración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.09.2008.