A USC asina dous convenios co Concello de Lugo e coa Deputación Provincial
O reitor da USC, Senén Barro, asina este luns 23, ás 11:00 horas, dous convenios de colaboración co alcalde do Concello de Lugo, Xosé López Orozco, e o presidente do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), José Ramón Gómez Besteiro.
Así, a Universidade e o Concello de Lugo colaborarán na execución dun proxecto de formación de dinamizadores tecnolóxicos e a implantación de ferramentas de xestión do coñecemento en Peme´s do Concello. Por outra banda, a USC asinará outro convenio coa Deputación Provincial, para regular a subvención nominativa do INLUDES á actividade da Aula TIC-PEMES da Universidade.
Na sinatura estarán presentes ademais o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e a directora da Aula TIC-PEMES da USC, María de los Ángeles López Cabarcos.