Ir o contido principal

A USC asistiu en San Petersburgo ao II Encontro Internacional de Profesores e Estudantes de Catalán do Exterior

A profesora da USC Dolors Perarnau e catro estudantes de catalán da Facultade compostelá de Filoloxía e do Centro de Linguas Modernas participaron recentemente na Universidade de San Petersburgo no II Encontro Internacional de Profesores e Estudantes de Catalán do Exterior. Por segundo ano consecutivo –o primeiro celebrouse en Budapest en 2012–, a lingua e cultura catalás lograron poñer en contacto xente de diversas realidades e culturas mais cun interese en común. Estes encontros tratan de poñer en práctica os coñecementos de catalán das aulas e mergullarse, ao tempo, nunha nova cultura, neste caso, a rusa. Con ese fin os estudantes rusos de catalán das universidades de San Petersburgo e Moscova tiveron un grande protagonismo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2013.